AS FLORES RADIOACTIVAS
Mai 4th, 2012 by ceipdohio

O semana pasada tivemos unha visita moi especial. Manuel Méndez explicounos a aventura de parar os verquidos radioactivos na fosa atlántica alá polo 1981. Todo empezou cando a asociación ecoloxista «Greenpeace» informou aos concellos galegos de que varios países europeos estaban usando a fosa atlántica como cemiterio nuclear. Como os concellos non quixeron actuar, alá foron un grupo de intrépidos homes e mulleres co seu barco o «Xurelo» a intentar parar ao gran mercante que estaba tirando os bidóns o mar…así empeza a aventura de Méndez e os seus amigos. Anos máis tarde Agustín Fernández Paz escribe «Flores radioactivas» inspirado na aventura destes valentes homes e mulleres.
Os nenos e nenas de 6º despois de ler o libro, fixeron un coloquio co protagonista da experiencia. Foi moi interesante. Desde aquí moitas grazas a Méndez e tamén ó colexio de Reibón por termos prestado os exemplares de «Flores radioactivas»

SEMANA DO CINE EN GALEGO
Mai 4th, 2012 by ceipdohio

No CEIP do Hío celebramos a semana do cine en galego. Desde o noso blog pedimos as distribuidoras de cine dque teñan máis en conta a nosa lingua porque hai moi pouca oferta de cine actual en galego. As películas que miramos foron as seguintes:
Educación infantil «O pudding máxico»
1º ciclo «Pérez, o rato dos teus soños»
2º ciclo «Astérix, o galo»
3º ciclo «El Cid, A lenda»
E o último día entre todos miramos «Pinocho 3000″.
Despois fixemos uns traballos sobre a película que miramos e entre os participantes sorteamos a película «Astérix en Bretaña» que lle tocou a Alexandra de 4º.
Animámosvos a entrar no blog e deixar as vosas opinións.

¿POR QUÉ É BO QUE OS NENOS E AS NENAS APRENDAN BEN O GALEGO?
Mar 22nd, 2012 by ceipdohio

No Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra elaboraron un tríptico sobre a situación do galego, dirixido especialmente aos pais e nais e aos educadores/as:

MULLERES NA CIENCIA
Mar 21st, 2012 by ceipdohio

O pasado día 8 de marzo celebramos no colexio do Hío o día da muller, este ano adicado ás científicas e investigadoras.
Na biblioteca fixemos varios paneis con información sobre diferentes científicas tanto galegas como internacionais
.
Durante toda a semana participamos no concurso sobre as mulleres que consistía en respostar á pregunta do día sobre a información da biblioteca. De entre todas as respostas correctas sorteábase a gañadora e así tivemos a 5 gañadores que recibiron un agasallo.
Ademais invitamos a 3 investigadoras e científicas que nos falaron de como se desenvolve o seu traballo e si teñen algún atranco por ser mulleres. Afortunadamente nada diso ocurre hoxe en día e tanto homes e mulleres desempeñan a súa laboura sen discriminación. Foi moi interesante e desde o noso blog dámoslle as grazas por ternos visitado.
Tamén agradecemos a Paula Tenorio do CIM a presentación que nos fixo en dvd das mulleres científicas.
Aquí deixamos un enlace sobre as mulleres na ciencia

http://3cboboras.blogspot.com/2011/10/4-de-novembro-dia-da-ciencia.html )e un vídeo divulgativo ( http://youtu.be/G0oo4fdNwpU ).

CARNAVAL 2012
Feb 17th, 2012 by ceipdohio

POR FIN CHEGOU O DÍA QUE TANTO SE ESPERA «O CARNAVAAAAAAAL».
ESTE ANO O TEMA DO ENTROIDO FOI O MEDOOOOOOO…..
SAÍMOS DO COLE EN COMPARSA ACOMPAÑAD@S DOS NOSOS AMIG@S OS GAITEIROS DE VILANOVA E ESTE ANO TAMÉN PARTICIPARON @S NEN@S DA GALESCOLA, ESPERAMOS QUE O PASARAN BEN E REPITAN O VINDEIRO ANO .
AO CHEGAR AO CRUCEIRO CADA CURSO CANTOU AS SUAS COPLAS, E DESPOIS TOD@S A COMER AS FILLOAS, CHULAS, ORELLAS… QUE TROUXEMOS DA CASA E QUE UN GRUPO DE NAIS PREPARARON NO ADRO.
QUE BEN NOS SENTARON DESPOIS DO PERCORRIDO E DE CANTAR.
GRAZAS A TOD@S AS COLABORADOR@S. E NON ESQUEZADES QUE O DOMINGO EMPEZAN OS CARNAVALES EN TODAS AS ALDEAS DO HÍO, A DISFRUTALOS!!!!!!!!!!
VIVA O CARNAVAL DO HÍO

PODEDES VER ALGUNHAS DAS FOTOS DO NOSO CARNAVAL

Carnaval
Feb 16th, 2012 by ceipdohio

XA CHEGOU O CARNAVAL!!!!!!!ARTURO, o noso amigo indicounos que traer ao cole estos días:

O luns: «Aínda que soe estraño
mañán terás que traer
un traxe de baño».

O martes: «Non esquezas a toalla
aínda que non vas a praia»

O mércores: «E para que reine o contento
mañá elixe tí o complemento»

Aquí tedes unha mostra dos nosos difraces.

<!–<!–

É o venres tod@s a dar medo…..

VIVA O CARNAVAL DO HÍO

NAMORADOS DO GALEGO!
Feb 14th, 2012 by ceipdohio

DIA DE CONVIVENCIA
Feb 9th, 2012 by ceipdohio

O día 30 de xaneiro celebramos a xornada de convivencia entre todos os alumnos/as do cole. Aquí vos deixamos unha mostra dos puzzles que montamos entre os equipos.
DIVERTÍMONOS MOITÍSIMO!!!

SAÍDA A DANZA DE ALDÁN
Feb 5th, 2012 by ceipdohio

o VENRES 20 DE XANEIRO INFANTIL DE 4 E 5 ANOS FOMOS VER A DANZA QUE SE CELEBRA EN ALDÁN NA HONRA DE SAN SEBASTIAN.
O CAMIÑO DE IDA FIXÉMOLO A PÉ, PARAMOS A MERENDAR NO PARQUE E A CONTINUACIÓN ACHEGAMONOS O ADRO DA IGREXA PARA VER A DANZA.
HABÍA 5 DAMAS CUNS BONITOS SOMBREIROS DE FLORES , 10 GALÁNS, UN GUÍA, UN GAITEIRO E UN TAMBORILEIRO. COMIMOS ROSCAS E VOLTAMOS AO COLE EN BUS.
PASÁMOLO MOI BEN.
AQUÍ TENDES ALGÚNS DEBUXOS FEITOS POLO ALUMNADO DE 5 ANOS.

FELICES LECTURAS E FELIZ 2012
Dec 27th, 2011 by ceipdohio

 Para que o 2012 veña cargadiño de historias fantásticas e inesquecibles aquí tendes as guías de lectura para infantil e primaria elaboradas pola Coordinadora de equipos de normalización do Morrazo. Esperamos que vos gusten, e que os reis vos traian moitas lecturas en galego!

Este é o de Infantil:

Este é o de Primaria:

Olark Livehelp

»  Substance: WordPress   »  Style: Ahren Ahimsa